Buscar este blog

lunes, 2 de junio de 2014

Para ser alumno hoxe

Como ser alumno/a hoxe? Pensamos que a receita é un pouco complicada, porque a miúdo con 17 anos non sabemos mesturar ben os ingredientes. 
Ingredientes
1 cunca de humildade
1 cunca de ganas de aprender
2 cazos de paciencia
1 chisco de ilusión
1 cullerada de esforzo
1 cullerada de constancia
Preparación
Mesturar todo na cachola e prepararse para un traxecto duro pero cheo de bos momentos e cunha boa recompensa.
É certo que ser alumno pode resultar complicado, xa que, na nosa experiencia, moitas veces non nos sentimos comprendidos polo profesor e, sinceramente, chegamos a pensar que moitos deles non queren axudarnos, senón perxudicarnos. Se ben é certo que neste mundo haberá de todo e algúns non serán bos profesores, non sempre é así, e debemos ser humildes e aprender dos profesores que si queren axudarnos e ensinarnos cousas. 
Así que, por último, aí vai unha cita de Juan C. Abella para os profesores que non lles gusta a súa profesión e dedícanse a demostralo día a día: "Bienaventurado o que comeza por educarse antes de dedicarse a perfeccionar aos demais".
E para os bos mestres unha de Amos Bronson Alcott: "O bo mestre defende aos seus alumnos contra a súa propia influencia personal".
Agora adxunto un enlace a un video do programa "Vaia semanita" sobre as relacións entre alumnos e profesores.
Deixamos tamén un artigo moi interesante sobre as 12 habilidades que todo bo estudante debería ter hoxe en día: As 12 habilidades que todo alumno debería ter
 

lunes, 19 de mayo de 2014

O rap da liberdade

O rap da Liberdade é un rap que fixemos na clase de Galego con motivo do día dos Dereitos Humanos. Para facelo, centrámonos no Artigo nº1 da Declaración Universal de Dereitos Humanos e a partir de aí elaboramos un rap en galego que fala sobre a liberdade e a igualdade á que teñen dereito todos os seres humanos.